lunes, 23 de febrero de 2015

ECLIPSE SOLAR

Resultado de imagen de eclipse de sol real
O vindeiro 20 de marzo terá lugar unha eclipse total solar que aínda que parcialmente se poderá ver en Galicia cunha importante magnitude. De feito, dado que a eclipse se inicia no Atlántico e pasa entre Islandia e as Illas Británicas para rematar no Polo Norte, será a galega a comunidade onde a Lúa oculte máis o Sol; concretamente na  costa noroeste chegará a ocultarse máis dun 75% da superficie solar.
A eclipse do día 20 vai ser a máis importante en Galicia dende aquela espectacular anelar do 3 de outubro de 2005. Entón, aínda que a Lúa se situou xusto fronte ao Sol non o tapou completamente deixando un aro de luz solar arredor do satélite. Iso debeuse a que a Lúa estaba preto do apoxeo –máxima distancia a nós, tendo en conta que a distancia entre a Lúa e a Terra oscila entre 356.375 e 406.720 quilómetros
O procedemento máis seguro para observar unha eclipse solar é proxectando sobre unha superficie a imaxe producida por un pequeno telescopio ou cunhas gafas especiais , pero nunca mirar directamente o Sol e menos aínda observalo con prismáticos ou telescopios. 
En relación a súa duración,  calcúlase que comezará ás  9:05, e  ás 10:09 aproximadamente poderase  ver a maior ocultación do Sol.